1.989: Rómulo Sanjurjo e Xurxo Souto, até entón compoñentes do grupo folk BELIDA, son chamados para compoñer a sintonia da radionovela “OS FRIGORISTAS”, emitida por RADIO GALEGA. Os dous músicos contan para a gravación con GUNI (guitarras), AFONSO MORÁM (baixo) e BERTO MORÁM (bateria) e o resultado é unha maqueta con 3 cancións, baixo o nome de “ROMULO PERMUI e OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO”.
1.990: Durante este ano, a banda consolida a sua primeira formación estábel, formada por ROMULO SANJURJO, XURXO SOUTO, GUNI, BERTO MORÁM e TONI SIMOES. O 1 de Xuño, realizan o seu primeiro concerto no PORRIÑO (Ponte-Vedra), nun festival organizado por UXIA SENLLE e a partir de aí son solicitados pola TVG para realizar distintos programas de televisión. Gravan unha segunda maqueta con 3 temas e continuan realizando concertos por Galiza. Toni Simoes e Berto Morám abandonan o grupo e incorporan-se MANGÜI MARTÍN e VIASCON.
1991: Edita-se o primeiro LP “ARROUTADA PANGALAICA” (DRO), baixo o nome de OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO, producido pola FUNDACIÓN RESENTIDOS (Antón Reixa, Alberto Torrado e Xavier Devesa) e dá comezo a xira “CAJO NA GRIPE, CAJO NA TOS”, con máis de 40 concertos por toda la península, durante este ano.
1992: Remata a xira “CAJO NA GRIPE, CAJO NA TOS” e a banda comeza, inmediatamente, a minixira “14 PEZAS BRAVAS” con un repertório totalmente novo. Nesta xira solicitaba-se do público letras para o seu próximo proxecto discográfico. Remata a xira con éxito e consolida-se o repertório que se grabará no seguinte disco.
1993: Edita-se o LP “PARRÚS” (FONOMUSIC), producido por José Puga e inicia-se a gira “KONTRA O MUNDO”. O grupo colabora na Banda Sonora da película “LA MATANZA CANÍBAL DE LOS GÁRRULOS LISÉRGICOS”, producida por Antonio Blanco e Ricardo Llovo e protagonizada por Manuel Manquiña.
1994: Continua a xira “KONTRA O MUNDO”. A banda graba o documental musical “FILLOS DE PITA”, dirixido por Fran Pego. Levan a cabo a producción executiva do disco “UNION BRAVÚ” (recopilatório de grupos de rock en galego), que serve de soporte ao que se coñecerá como ROCK BRAVÚ ou MOVEMENTO BRAVÚ. Neste mesmo ano, edita-se o CD “A CANTAR CO XABARIN”, do programa infantil da TVG “XABARIN CLUB”, onde o grupo colabora coa gravación de dous temas.
1995: Sacan o CD “AVANTE TODA” (FONOMUSIC), producido por Kaki Arkarazo. A banda leva a cabo a xira “AVANTE TODA”, con grande éxito en Euskadi, onde será a que máis concertos realice durante esa temporada. Nese mesmo ano realizan un memorábel concerto, xunto aos desaparecidos MANO NEGRA, na Sala Revólver de Madrid. Será o comezo dunha intensa amizade con MANU CHAO, que os levará a realizar diversas gravacións, concertos e proxectos en común. Cabe destacar desta época o grupo paralelo LOS TRES DE MONFORTE, composto por Manu Chao, Rómulo Sanjurjo e Josito Pereiro.
1996: Viascón abandona o grupo e incorpora-se Xabier Alonso. Continua a xira “AVANTE TODA”. Destaca a realización dos concertos didácticos, baixo o nome de “DESCUBRIR LA MUSICA”, xunto á ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA e nos que se interpretan temas da banda. Levan-se a cabo outros proxectos como A SEMANA BRAVÚ (manifestación artística que reúne música, teatro, xogos, cine e poesia). 1997: O grupo inícia a xira “FUMAREU”, con concertos acústicos en recintos de pequeno aforo e que rematará coa edición do libro “FUMAREU” escrito por Xurxo Souto, acompañado polo CD “FUMAREU-SESIÓN DE CAMARA” (EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA). Neste mesmo ano, a banda realiza diversos proxectos, entre os que destacan a súa colaboración na revista BRAVÚ, A FEIRA DAS MENTIRAS (festival multicultural celebrado en Compostela) xunto ao músico MANU CHAO e o disco “L’ASTURIANU MUEVESE” (L´AGUAÑAZ) coas bandas de rock máis representativas do panorama español. Durante o verán realiza numerosos concertos, destacando a súa participación na CARAVANE DES QUARTIERS (Lyon-Francia) e CARAVANA DE CULTURES (Barcelona).
1998: O grupo centra-se na preparación e grabación do próximo disco. Realiza-se a gravación “PREGÓN DE MONTE ALTO”, editado xunto ao libro de Manuel Rivas, “TOXOS E FRORES”.
1999: Edita-se o CD “CAPETÓN”, producido por Rómulo Sanjurjo e Guni. Comeza a intensiva xira “CAPETÓN”. Incorpora-se ao grupo a vocalista e percusionista LOLA DE RIBEIRA. A banda colabora nas presentacións do libro de Manuel Rivas “ELA MALDITA ALMA”.
2000: Continua a xira “CAPETÓN”. Realizan-se proxectos paralelos como “TRANSPORTES HERNÁNDEZ E SANJURJO” (Rómulo Sanjurjo e Julián Hernández) e TERRA TERREMOTA (Xurxo Souto e Guni).
2001: Xurxo Souto e Mangüi Martín abandonan o grupo e incorporan-se MANOLO MASEDA e TONI SIMOES (primeiro baixista do grupo). Inmediatamente, a banda comeza a preparar o material para o próximo disco.
2002: A banda grava o seu último disco “KOMUNIKANDO” e inícia unha xira coa obra de teatro “MATANZA (PORCA VITA)” xunto a TEATRO MALTÉS, dirixido por Lino Braxe. Crean a sua própria productora GANAPÁN PRODUCCIÓNS e comeza unha nova etapa que dará saída ao seu último traballo a comezos do ano 2003, coa compañía discográfica BOA.