Temos 3 visitantes online

Concertos

Som do Galpom:
DataXoves 18 de Marzo
LugarCasa das Crechas, Compostela
Hora22:30hs.
Entrada
 
Capitán Furilo:
DataVenres 19 de Marzo
LugarPub Gatos, Melide
Hora01:30hs.
Entrada
 
Ergom:
DataVenres 19 de Marzo
LugarGentalha do PIchel, Compostela
Hora22:00hs.
Entrada3€
 
NAO:
DataSábado 20 de Marzo
LugarA Bolera. Ourense
Hora
Entrada
 
Komunikando.net no teu Correio-e
no teu Correio-e:

Visita este grupo

Asociacion Galega de Musicos ao Vivo
Esta web apoia � iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
sono-tone.net
aregueifa.net
AudienciaZero.org
Fame Neghra criar PDF versão para impressão
Views 6341    

Fame Neghra

Esta banda compostelana naceu un primeiro de Maio de 1990 tocando hardcore-thrash con letras políticas. Ao trío orixinal úneselles un segundo guitarrista co que gravan un par de maquetas. No ano 92, e outra vez como trío, editan o seu primeiro E.P. "Benvidos a Famelandia " con 4 temas, e no 93 outro E.P., esta vez compartido co grupo compostelano de punk-hardcore Dirty Barriguitas. Durante eses anos Fame Neghra toca por toda Galiza e resto de Ibéria (Madrid, Burgos, Uvieu, Porto,...), e consolídase como banda recoñecida no circuíto hardcore. Do ano 94 en diante o trío dá cada vez menos concertos e céntrase nos ensaios, baixando a velocidade dos temas e experimentando novos sons. Froito desta etapa son 3 maquetas nunca editadas das cales sairían temas para recopilatorios como "Cintas Guarras" (Mans, mans, mans) ou Bambán Vol. II (A senhora dás caixas). As influencias nestes anos pódense buscar en bandas como Fugazi, Nomeansno, Assassins of God,...

Nos anos 96 e 97 recuperan a velocidade en clave de punk-rock e reclutan a un novo membro: Martinho, que tocará a trompeta, e co gravarán  o seu primeiro CD "Ou neno carburador" de mans de Lixo Urbano. Durante o 98 dedícanse a presentar o disco e Martinho cólgase tamén a guitarra endureciendo así o son do cuarteto. A finais de ano volven entrar en estudo para gravar 2 temas solicitados polo selo Rumble Records para o recopilatorio "Never Trust a Punk Vol. II", e a principios do 99 gravan os 2 temas incluídos no recopilatorio Killer Lixo –Remexendo non lixo assassino-, de Lixo Urbano.

A principios do 2000, logo de 10 anos, disólvense polo abandono primeiro de Martinho e logo de Suso.

Actualmente Matinho, Alex  e Ramón volven tocar xuntos baixo o nome de Xapón 84, encargandose Martinho do baixo e  voces xunto con Alex. Paralelamente Alex e Ramón tocan con Samesugas.

Fame Neghra - O neno carburadorDiscografía:
  • 1990 Maqueta "Kaña en loita" (autoproducida)
  • 1991 Maqueta "Antes mortos" (autoproducida)
  • 1992 7´´ EP "Benvidos a famelandia" (Trevoada)
  • 1993 7´´ EP compartido com Dirty Barriguitas (Trevoada)
  • 1994 -1997 Temas em recopilatorios como Toxic´zine, Walk on the punk side, Cinta antirracista, Cintas guarras, Bambán Vol. II,...
  • 1998 CD "Ou neno carburador" (Lixo Urbano)
  • 1999 Inclusión dos temas "Onde estám?" e "Nom hai nada mais" no CD KILLER LIXO –Remexendo non lixo assassino- (Lixo Urbano)
  • 2000 Inclusión do tema "Matanza em Porco Enterprises" no CD Never Trust a punk Vol. II (Rumble Records)
  • 2001 Inclusión do tema "Beiços, línguas e pulmóns" no CD KILLER LIXO Vol. 2 -Ou Retorno do lixo assassino- (Lixo Urbano)

Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (0) RSS feed dos Komentarios

Nemhum komentario guardado

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
Classificação: / 9
FracoBom 
 
< Anterior   Seguinte >
Grupos
Videos
CD's


2010 Komunikando.net
Joomla! é um Software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.
Estatísticas