| Views |
716  |
|
| Infórman-nos que os días 8 e 9 de agosto en Ordes vai arder troya có Festival BRINCADEIRA´08: - Machina
- O Chícharo Psicótico
- Amparanoia
- Obrint Pas
- Che*Sudaka
- Def Con Dos
- Krakovia
- Los Coronas
e máis artistas por confirmar; con Festival de VideoClips, Feira de Mostras, Arte na Rúa, Acampada... e todo DE BALDE!!! Este ano apostan de novo pola vangarda artística, máis alá das actuacións musicais, contando con diferentes actividades relacionadas co mundo das artes, todas e cada unha delas gratuítas: graffiti, deseño, street art, audiovisuais, tattoo, moda..., daranse cita en diferentes localizacións da vila de Ordes os días 8 e 9 de Agosto.
FESTIVAL DE VIDEOCLIPS
Os videoclips son un xénero tan sorprendente como pouco representado na maioría dos festivais. En BRINCADEIRA´08 disfrutaremos coas obras de novos creadores, amosando tamén diferentes pezas clásicas do audiovisual galego.
Participa, envíanos os teus videoclips! Descarga as bases!
8 AGOSTO: 17:00 / 20:00 Exhibición de Videoclips. 9 AGOSTO: 17:00 / 20:30 Exhibición e entrega de premios.
www.brincadeiraordes.com |
Users' Comments (3)  |
|
|