|
Samesugas e The Homens presentan o Rock en Costa 2008 |
| Views |
178  |
|

| Dous grupos do Castiñeiriño, Samesugas e The Homens, serán os encargados de presentar nunha festa o próximo sábado 24 o festival Rock en Costa 2008, que se vai celebrar o 31 de maio no campo da festa deste barrio de Compostela. A presentación levarase a cabo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.
Aproveitando esta festa previa ao Rock en Costa, Samesugas e The Homens presentarán o EP compartido que veñen de editar os selos Lixo Urbano e Crack! Records, no que, ademais de incluír cancións novas, se versionean mutuamente.
O concerto, con entrada de balde, empezará ás nove da noite.
|
Users' Comments (0)  |
|
|