| Views |
16372  |
|
 | “O PODER DO PSICOFOLQ”
Ulträqäns nacen nun piso a piques de derrubar no Soho Coruñes, a barriada de Monte Alto, lugar que foi testemuña da creación doutros grupos irmáns como Os Diplomáticos de Monte Alto, precisamente.
Din os expertos que son tres os anos precisos para que madure un proxecto musical entre traballo de estudio é espectáculos en directo. Isto que tes entre mans é algo que está a punto de eclosionar, unha gravación realizada por eles mesmos en home estudio, o xérmolo do próximo disco do grupo. Teñen o quinteto definitivo para consolidar o novo son Ulträqän: a piscodélia enxebre, a discoteca folqlorizada e as melodías balcánicas na festa máis alegre: mais de 80 actuacións en 2 anos os avalan.
Os directos de Ulträqäns son 75 minutos carentes de piedade e que rebordan retranca, irreverencia punk e calidade musical ao tempo. O século XXI está preparando-se para asilimar esta proposta duns experimentados festeiros e experimentadores musicais sen escrúpulos.
Que vos preste!!
|  | |
Ulträqäns - Djuvarliskata
Ulträqäns - Quimbumbia
Ulträqäns - Setentáqulos
Antón Díaz: Baixo Fretless, Contraixo electroacústico e voz. Francisco Ami: Batería, programacións e coros. Tomás Saiz: Acordeón piano e coros. Tino Vilaro: Guitarra eléctrica e coros. Aarón Bouzón: Frauta traveseira, Whistles, Gaita, EWI 4000s e coros. Tel. : +34 650 676 019 [Aarón] Correo-e:
Este endereço de email está protegido contra spam bots, pelo que o Javascript terá de estar activado para poder visualizar o endereço de email
MySpace: Myspace.com/ultraqans
Users' Comments (18)  |
|
|