Dios Ke Te Crew - Xénese
Views 7495    

Dios Ke Te Crew - "Xénese" Primeiro disco de Rap integramente en galego, o cal marca un antes e un despois na historia da música galega. Nos 16 cortes que forman o disco, os seus catro mc´s dan renda solta ás súas línguas dun xeito compacto, abordando temas moi diversos como o movemento do HipHop; a realidade cultural, social e política; as realidades persoais deles mesmos; a Monarquía; os problemas deste mundo; a troula; o paso dos anos, etc … As súas letras veñen cheas de realidade, humor, retranca e moito sarcasmo. Poesía explícita e ritmos contundentes.

 

Con este traballo danlle unha volta máis á concepción do Hip Hop, voltando ós seus oríxenes e á filosofía da que naceu esta cultura… Collendo como motivo a iconografía cristiá e a xénese da biblia, parodian á relixión católica e ó propio hip hop. Todo isto asentado sobre unhas bases musicais dun nivel excepcional, que recollen pinceladas de varios estilos, como son o jazz, o rock, o reggae, o hardcore e, como non, o funk, que ten unha presenza especial durante grande parte do LP.

Un traballo orixinal e máis que pensado no que contan ca sorprendente colaboración do coñecido actor galego Miguel de Lira, que aparece interpretando o papel dun cabo da garda civil no corte 09 ( titulado “Guateque interruptus” ), e no que ademáis podemos atopar fotografías de Ovideo Aldegunde, ilustracións e graffitis de Sekone e de outros integrantes do colectivo coma Mou, Kerg, Osiris, Pake, Spen, Gum, Sont ou Sokram, este último, encargado do deseño e a maquetación do CD.
Cita este artigo na tua web Imprimir Enviar por correio electrónico Publica isto em CHUZA!

Users' Comments (3) RSS feed dos Komentarios
Posted by O García., on 02-01-2010 17:17,
1. Xénese.
Ola Isa. 
 
Pois en Coruña podelo atopar na FNAC ou (en principio) en calkera tenda de discos. Si non o atopas nos estantes da FNAC podes pedirlles ke o repoñan e, si a distribuidora non esgotou a última edición ke se fixo (a terceira) pois por fín o poderás mercar. En último caso como saberás tamén o podes descargar de balde en www.diosketecrew.com 
 
Un saúdo.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by un perloqueiro, on 28-12-2009 11:30,
2. Disco DKC
Seguramente no Corte inglés o atopes, senón na súa páxina creo que teñen un mail de contacto. Escribelles e seguro que eles mesmos che poden axudar.
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Posted by isa, on 27-12-2009 18:53,
3. mercar o disco
alguen me pode dicir onde poido mercar o disco?¿ 
na coruña a poder ser 
grazas =D
 
» Notificar este komentario ao administrador
» Responder a éste komentario...

Engade o teu komentario



mXcomment 1.0.2 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved